Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2014

Actividades extraescolares

Finalmente, para este curso 2014/2015 non se formaron grupos para as actividades de  Hockey , Silencio se rueda,  Xogos   tradicionais  e de  taboleiro ,  Prexadrez  e  Xadrez . A actividade de  Zumba  e Baile Moderno amplíase tamén para nenos/ás de  Infantil . Hai inscricións abondo para os grupos de  POE  e  Xogos  de educación infantil. Estamos pendentes de recibir máis información sobre estes programas. Aínda que xa rematou o prazo de inscrición, é posible que queden algunhas prazas libres e aínda se poidan inscribir máis nenos/as. Aínda hai prazas en todas as actividades agás na de  Cociña , que ten lista de espera. Nalgunhas actividades necesitamos máis inscricións: animámosvos a inscribirvos para poder ampliar os grupos e asegurar a súa continuidade: MANEXANDO TICS: (3º-6 º):  as  novas tecnoloxías "diarias": como se descargan fotografías? como edito unha montaxe audiovisual? como e en que c...

Balonmán

Necesítanse nenos/as de 5º e 6º de primaria para formar parte do equipo de balonmán que adestra no Pavillón dos Rosais os martes e xoves de 19 a 20 horas. Se estades interesados contactade con Lucía no  tlfno . 679850482.

Campaña de Saúde Visual Alain Afflelou

Imaxe
15ª Campaña de Saúde Visual Contra o Fracaso Escolar Do 15 de setembro ata o 31 de outubro, todos os centros  ALAIN  AFFLELOU  de España levarán a cabo revisións oculares gratuítas a nenos de entre cinco e sete anos no marco da súa Campaña de Saúde Visual contra o Fracaso Escolar, este ano facendo foco sobre a importancia da detección a tempo da ambliopía ou "ollo vago". Tras a revisión, a firma regalará un par de lentes a aqueles nenos que o necesiten. Igualmente, farase entrega aos pais dun carné de saúde visual para o seguimento e debido cumprimento das revisións marcadas. Os únicos requisitos para poder participar nesta campaña son: acreditar a idade do neno e pedir cita dentro do marco desta Campaña.

Presentación West Galicia

Imaxe

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO DO MINISTERIO DE CULTURA E EDUCACIÓN, O PRAZO REMATA O DÍA 30 DE SETEMBRO http://www.boe.es/boe/dias/ 2014/06/14/pdfs/BOE-A-2014- 6275.pdf

Balonmano

Imaxe
Imaxe
Non estades seguros de se vos gustan...? Durante a última semana de setembro podedes probar, só tedes que avisarnos para dicírllelo aos monitores:   MANEXANDO TICS : (3º-6 º) As novas tecnoloxías "diarias": como se descargan fotografías? como edito unha montaxe audiovisual? como e en que condicións podo baixar música?. Luns de 16 a 17h.   INFORMÁTICA PARA PEQUENOS  (ED. INFANTIL, 1º E 2º PRIMARIA); Venres de 16 a 17h.   MAXIA  (3º-6 º): Aprendizaxe de técnicas e o manexo de cartas, cordas, moedas, aneis, etc. Xoves de 16 a 17h.   ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DE COMPLEMENTOS  (todas as idades): Debuxo e pintura, manualidades, cartelería, decorados, vestiario... Martes e xoves de 17 a 18h.   ZUMBA E BAILE MODERNO  (todas as idades): Luns e mércores de 17 a 18h. Ademais, se as clases de Zumba ou Artes plásticas vos coinciden en horario con otras actividades do cole (por exemplo Natación), podedes vir un só ...

Normas de entrada e saída nas actividades extraescolares

Actividades realizadas no edificio de Primaria (Teatro, Tics, Maxia, Informática, Cociña, Zumba, Deseño de Complementos): Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no patio cuberto. Actividades realizadas no Pavillón (Judo, Fútbol sala, Ximnasia rítmica, Hockey, Baloncesto): Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no pavillón Os pais non poden acceder ao polideportivo e ás aulas durante as actividades.

CAMPAÑA MUNICIPAL DE NATACIÓN ESCOLAR 2014/2015 - 3º E 4º DE PRIMARIA

Imaxe
Dirixida a escolares de 2º ciclo de Educación Primaria de Centros Públicos. Número de prazas: 30. Horario previsto: Piscina de  Riazor  os luns de 17:00 a 17:45h . (o Servizo Municipal de Deportes comunica que cabe a posibilidade de modificacións). Prezo por alumno: 53,47 € . A cota inclúe o traslado dende o centro, e unha cobertura sanitaria. Prazo máximo de inscrición para os escolares: 19 de setembro . Data de comezo prevista da Campaña de Natación Escolar: 6 de outubro . Podedes facer a inscrición no local do  Anpa  o luns 15 de setembro de 16 a  17h . ou o xoves 18 de setembro de 9 a 10 h.

Volta ao cole

Imaxe
Comeza o cole... Lembrámosvos que a partir do 10 de setembro comezaron tanto as actividades extraescolares xestionadas pola Anpa como Comedor e Madrugadores.  ACTIVIDADES Todas as actividades extraescolares xestionadas pola Anpa (agás "Silencio, se rueda" e "Xogos tradicionais e de mesa") comezan a partir do primeiro día de cole, o 10 de setembro. Algunhas actividades non acadaron o número mínimo de inscricións para formar grupo, pero comezarán en setembro e quedan pendentes das novas inscricións para a súa continuidade en outubro. As altas, baixas e modificacións hai que facelas antes do día 26 do mes anterior á actividade. Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de cociña, onde hai lista de agarda. Os días 11, 12, 18 e 19 de setembro as actividades que normalmente se realizan no pavillón terán lugar nas pistas exteriores, debido á utilización do pavillón para diferentes eventos deportivos. As actividades municipais (POE e Xo...