Saltar ao contido principal

Banco solidario de libros de texto

Xa rematou o prazo para doar e solicitar libros do banco solidario de libros de texto e aínda quedan algúns libros dispoñibles, dalgúns cursos e materias, incluíndo libros de lectura de 1º de Primaria.

Se estades interesados en recibilos, enviade un correo especificando: nome do alumno/a, curso, libros que solicitades e n.º de socio do ANPA(se aínda non renovastes para o curso 2014/2015, podedes facer a renovación pagando a cota no banco e enviando o xustificante por correo electrónico).


Para pedir os libros podedes usar a folla de solicitude.

Iremos adxudicando os libros entre os socios da ANPA por orde de chegada das solicitudes. Cando fagades a solicitude recibiredes un correo o antes posible indicando se hai suficientes libros para atender a vosa petición, e se é o caso poderedes recollelos en setembro.

Publicacións populares deste blog

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.

INSCRICIÓN NOVOS SOCIOS

O próximo xoves 14 de xullo  ábrense  as inscricións para novos socios á Anpa.. Tedes toda a información no apartado de  TRÁMITES do noso blog.