Campaña de Unicef - Pacto pola infancia
Nos últimos 25 anos conseguimos avances incribles para a infancia no noso país, pero os retos que nos quedan son enormes. Así o reflicte o informe A Infancia en España 2014, de UNICEF Comité Español, que recolle datos preocupantes sobre a situación dos nenos no noso país: POBREZA E DESIGUALDADE: un 27,5% dos nenos vive en risco de pobreza. FRACASO E ABANDONO ESCOLAR: en ambos os dous casos, por enriba do 23%. Ademais, no informe analízase outro gran problema: cada vez nacen menos nenos, de maneira que en dez anos pode haber un millón de nenos menores de 10 anos menos que agora. Estamos convencidos de que outros escenarios son posibles. Por iso esta vez queremos chegar moito máis lonxe facendo un chamamento ao conxunto da sociedade para realizar un Pacto de Estado pola Infancia. Nenos, nenas, familias, empresas, sindicatos, administracións públicas e partidos políticos: todos debemos implicarnos para avanzar na aplicación dos dereitos do neno. OS NENOS I...