Lembrámosvos que a partir de mañá, 11 de setembro, comezan tanto as actividades extraescolares como comedor e madrugadores. ACTIVIDADES Todas as actividades extraescolares comezan a partir do primeiro día de cole, o 11 de setembro, agás a actividade de informática , que en principio comezará en outubro, xa que están reformando a aula e instalando novos ordenadores. @s alumn@s que estean inscritos en informática poden acudir á actividade de cociña (o mesmo día, á mesma hora; venres de 16 a 17) ata que se poida utilizar a aula de informática. Se estades interesados, avisade na ANPA. Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de ximnasia rítmica. Este curso vaise incorporar unha actividade nova: Aero -zumba, para todas as idades (infantil e primaria). Para dala a coñecer, durante o mes de setembro a actividade será gratuíta. Podedes probar, e se vos gusta, inscribirvos a partir de outubro. Para poder asistir en setembro hai que anotarse no ANPA . ...