No nome da ANPA Milnen@s queremos agradecer a vosa participación na pasada Folga Xeral de toda a comunidade educativa na que se alcanzou unha porcentaxe do 80% do alumnado do Centro. Desde a Anpa estamos convencid@s de que non vai ser a única mobilización necesaria para defender o Ensino Público e de Calidade como un valor de toda a sociedade, e cremos que sería bó facer visible o noso compromiso uníndonos á Marea Verde. É por eso que queremos darvos a oportunidade de ter a vosa camiseta co lema "Escola Pública de Tod@s e para Tod@s" "ANPA MILNEN@S CEIP EMILIA PARDO BAZÁN". O modelo sería similar a este: O prezo da camiseta será de 2,80€, as tallas son:3/4 anos, 5/6, 7/8, 9/10, S, M, L, XL, XXL, XXXL. Unha vez encargadas tardaremos unha semana en telas disponibles. Podedes facer o voso encargo por correo electrónico indicando o voso nome, número de socio e cantidade de camisetas de cada tipo. O prazo de reserva remata o día 24 de maio. ...