Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

CONVOCATORIA ELECCIÓNS ANTICIPADAS XUNTA DIRECTIVA. PERIODO 2024-2026

Presentámosvos adxunta a circular co calendario previsto para as diferentes fases da renovación, que rematará a mediados de novembro coa ratificación da nova directiva. Circular calendario electoral 2024 Todas aquelas persoas interesadas en participar deben cubrir o formulario de candidatura, que poden descargar nesta LIGAZÓN Canta máis xente se apunte á directiva, mellor, xa que máis se poden dividir e organizar as múltiples tarefas que levamos a cabo. Aos cargos mínimos (presidencia, vicepresidencia, secretaría e tesourería) pódenselles unir tantos vogais como sexa necesario, cada persoa realizando tarefas específicas (comedor, actividades, campamentos, relacións co colexio, redes sociais, etc). Imos actuar de ligazón desde este mesmo momento entre as diferentes familias interesadas para poñervos en contacto e axudarvos a organizarvos para todos os trámites iniciais. A modo informativo, nestes momentos traballamos con trámites en liña 100%. O manexo básico da ofimática dentro dalgún