ESTUDO SOBRE POBREZA ENERXÉTICA - INFORMACIÓN DE INTERESE PARA ÁS FAMILIAS

Estase a realizar un Estudo a nivel estatal sobre Pobreza Enerxética dende unha UTE (Unión Tempral de Empresas) formada por a EAPN, ACA (Asociación de Ciencias Ambientales), a UC3M (Universidade Carlos III de Madrid) e o CSIC (Instituto Eduardo Torroja de la Agencia Estatal del Consejo Superior de Investigaciones Científicas), mediante o cal se pretende mellorar o coñecemento actual sobre a vulnerabilidade enerxética dos fogares. Para tal fin, trátase de recompilar información sobre o consumo e gasto enerxético dos fogares e as principais variables que afectan ao benestar enerxético dos mesmos durante un período de tres anos. Para isto, o estudo require, por unha banda, da medición dos consumos determinantes do confort térmico dunha mostra representativa de fogares, e, por outra, do desenvolvemento de enquisas aos fogares sobre as características das súas vivendas, os seus equipamentos e hábitos de uso enerxético. Anexamos unha presentación onde se explica máis detalladamente est...