DÍA DA PAZ
FELIZ DÍA DA PAZ Fomentar a paz e a convivencia non é labor dun día, e por iso, desde a biblioteca realizarán esta próxima semana actividades que resulten motivadoras e fagan reflexionar ao alumnado sobre a importancia de coidar estes aspectos. Este curso, con motivo do proxecto PDI Mergúllate! están a investigar sobre os mares e océanos, e queren lembrar que cada ano rexístranse miles de traxedias no mar con persoas que foxen de conflitos desde os seus países tentando un futuro mellor. Durante a próxima semana acudirán ao centro persoas que viviron en persoa estas traxedias, en primeira persoa ou como membros de organizacións que tratan de axudar a estas persoas que foxen dúas os seus países. A frase de Emilia Pardo Bazán segue acollendo a todos/ as na entrada da biblioteca "Detesto a violencia...", rexeitamos todos a violencia. BIBLIOTECA EPB Un pouco de historia... Dende o ano 1964, veuse conmemorando o Día Escolar da Paz e a Non Violencia ( DENYP), cada 30 ...