Reclamación da vacinación do persoal non docente nos centros escolares públicos
Coma sempre, os 240 alumnos que asisten a actividades extraescolares e os 300 de comedor non parecen importarlle ás autoridades dentro das súas competencias. Agradeceríamos a máxima difusión para defender os nosos dereitos e a seguridade da nosa contorna educativa. Reclamación á Consellería de Educación Descargar o PDF Contestación da Consellería de Educación Descargar o PDF Reclamación á Consellería de Sanidade Unha vez coñecimos a inclusión dos traballadores nos Centros Escolares nos procesos de vacinación, decatámonos con sorpresa, preocupación e tristura que, unha vez máis, enténdese que o persoal que atende aos nosos fillos e fillas no tempo de xantar e de actividades extraescolares non son considerados "persoal esencial" pola Consellería de Educación. Isto significa que, a diferenza dos Centros concertados no que sí están sendo vacinados como persoal non docente, os nosos educadores, porque esa é a denominación correcta, non son considerados pe...