Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

Información sobre renovación e inscricións

Este ano pola situación actual decidimos atrasar a data como mínimo ata o 10 de agosto. Ao longo do mes de xullo enviarase correo coa data de inicio de inscricións, o cadro de actividades e toda a información relacionada. As inscricións e trámites, como o ano pasado, serán online. Simplificación de cotas e trámites de inscrición Tal e como se acordou na Asemblea Xeral Ordinaria do 27 de novembro de 2019, acórdase simplificar as cotas e os trámites nas inscricións. Por iso, - A renovación de socios será automática. As familias que abandonan o colexio porque os seus fillos cursaron 6º este ano non teñen que facer nada, xa os eliminamos da asociación de forma automática tamén. Os únicos que ten que facer algún trámite son aqueles socios que o curso que vén non desexen seguir séndoo. Para iso débennolo comunicar por correo electrónico entre o 1 e o 20 de xullo. A cota de socio é igual que outros anos, 15 euros por todo o curso. - Unifícanse as diferentes modalidade de matrícula

Novidades e prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares

Dada a publicación da convocatoria durante a vixencia do Estado de Alarma, declarado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, o prazo de 10 días para a presentación da solicitude quedou suspendido, iniciándose agora o vindeiro luns 1 de xuño de 2020. O prazo é de 10 días hábiles, é dicir, do 1 ao 12 de xuño ambos inclusive. En todo caso, se as circunstancias requíreno e para facilitar ao máximo o proceso de solicitude, propoñerase a ampliación do prazo para a súa aprobación pola Xunta de Goberno Local, o que se informará oportunamente polos medios habituais. Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e en sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es) Toda a información na web do concello de A Coruña