Campamento de Nadal
Como xa sabedes comezou o prazo ordinario na aplicación para a inscrición en liña no campamento de Nadal de Fedapas co Anpa/CEIP Emilia Pardo Bazán. Os inscritos en liña deberedes pasar polo local do ANPA para formalizar a inscrición atendendo ao seguinte: Horario: 4 e 5 de decembro (9:00-9:30 e 16:00-17:00). 11,12,13 de decembro (9:00-9:30 y 16:00-16:30) Documentación a entregar: formulario dispoñible no local Facer o pagamento do servizo ou indicar que se pagará por transferencia Período de campamento: Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro Prezos para TODO o período (separamos en 2 semanas a inscrición en liña por se fose de interese para permitir máis participantes pero cobrarase o mesmo asistindo unha semana ou as dúas): 25 euros por actividades (10:00-14:00) 20 euros por madrugadores con almorzo (8:00-10:00) 10 euros por madrugadores sen almorzo (8:00-10:00) 40 euros por comedor (14:00-15:30) Formulario de FEDAPAS e información adicional