Ao non conseguir o número mínimo de inscritos/as en primaria os grupos de sonorama, baile moderno e teatro unifícanse no horario correspondente ao grupo de infantil. Se con posterioridade e ata outubro houbese máis inscritos/as de primaria exporiamos a división dos grupos. Aqueles inscritos/as en primaria que non desexen continuar na actividade, poderán cambiar a outra actividade ou manter a matrícula para posteriores inscricións ou compensacións. BAILE GALEGO (1º A 6 DE PRIMARIA) comezará os mércores de 4 a 5 ---------------------------------------------------- As seguintes actividades non empezarán ata alcanzar un número mínimo de inscritos: - Ioga, baile galego infantil , desenvolvemento de capacidades, creación e talento, coro, predeporte, volei, robótica (infantil), pandeireta (infantil), Xadrez (os dous grupos de primaria) ----------------------------------------------------- O resto de actividades empezarán con normalidade