Xustificación de ausencias do alumnado na folga do vindeiro 24 de outubro

Información da Federación Provincial de Anpas sobre a xustificación da ausencia dos alumnos na folga:

XUSTIFICACIÓN AUSENCIA ALUMNOS/AS NA FOLGA DO VINDEIRO DÍA 24 DE OUTUBRO.

Con relación á inasistencia a clase por parte do alumnado, o vindeiro día 24 de outubro, é de aplicación a Disposición final primeira da LOE, que no seu punto 5 modifica o artigo 8 da LODE e o deixa coa seguinte redacción, que está plenamente vixente:

"Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro. "

Para os alumnos de cursos inferiores ao terceiro da ESO será de aplicación a falta de asistencia e a necesidade de xustificala. Para xustificar as devanditas faltas serven os modelos adxuntos, que foron revisados por un asesor xurídico. O párrafo "a decisión familiar que pertenece..." deixa claro que é unha decisión da familia.

Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial

--------------------------------------------------------------------------------------------

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO

D. /Dna. _______________________________________________________, pai/nai/titor-a do alumno/a
______________________________________________________ do grupo _____, comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu fillo-a/tutelado-a do pasado día ____ de ____________________ de ______, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, se fose necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan
capacidade e dereito a coñecer esta.

Asinado en __________________ a ____ de ____________________ de ____

O/a pai/nai/titor-a


Asdo.: _________________
DNI: _________________

Á atención do Director/Directora do centro educativo
____________________________________________

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024