LISTAXE DEFINITIVA BECAS COMEDOR 2021/22

Bolsa comedor 2021/2022 No Taboleiro de anuncios e Edictos do Concello da Coruña publicouse, con data 20 de agosto, a listaxe de persoas propostas definitivamente como beneficiarias e a puntuación outorgada na convocatoria de bolsa comedor para o curso escolar 2021/2022. A listaxe publícase por orde alfabética segundo o código do asento. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números (consultar o documento "Nota aclaratoria" ao final desta noticia). As persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á bolsa. Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non renunciasen de maneira expresa. Este prazo é do 23 de agosto ao 3 de setembro, ambos os incluídos. Documentos de interese: Listaxe definitiva e puntuación outorgada. Nota aclaratoria para a consulta de listaxe .