Festa de entroido 2015 - Venres, 13 de febreiro

Socios: 3 invitacións. Resto: 4€/entrada. Reparto de invitacións e entradas no local da ANPA: do 2 ao 6 de febreiro, de luns a venres de 9 a 9:30; luns 2, tamén de 16 a 17 h . Traede o voso carné de socio. O aforo é limitado, polo que vos pedimos que recollades só as entradas que ides utilizar, para que ningún nen@ quede sen festa!! Lembrade que está PROHIBIDO o USO DE SPRAYS, PETARDOS E SIMILARES dentro de todo o recinto. AXUDADE A MANTER LIMPO O PAVILLÓN DURANTE A FESTA. A directiva da anpa agradece a vosa colaboración para que o pavillón quede recollido e limpo ao rematar. O día da festa non se poderá aparcar na explanada diante do pavillón, o espazo estará ocupado polos vehículos da organización da festa.