PRIMEIRO CONCURSO DO ENTROIDO PARTICIPA CREANDO O TEU PROPIO CARTEL BASES DO CONCURSO DE CARTEIS DO ENTROIDO 2014.- ANPA MILNEN@S 1.- O OBXECTO desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar a festa de Entroido que a ANPA Milnen@s organizará este ano. 2.- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes. 3.- REQUISITOS DOS CARTEIS: · Tema: O Entroido · Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4 · Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…) · ...