Blog da Anpa Milnen@s do CEIP Emilia Pardo Bazán (Os Rosais, A Coruña)
Exhibicións AAEE fin de curso
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
Grazas a todos os asistentes ás exhibicións de actividades
extraescolares de fin de curso e grazas a todos os monitores polo gran esforzo realizado este ano. ¡Feliz verán a tod@s!
Este curso estreamos aula de robótica, grazas á doazón de equipos feita pola empresa tecnolóxica Indra . A situación da actividade de robótica era crítica pola obsolescencia e mal funcionamento dos equipos dispoñibles para a mesma. Para mostra, un exemplo da aula do ano pasado Agredecemos a colaboración de Indra, de Nuria e Lázaro para as xestións e o transporte do material e do CEIP para a súa preparación e instalación na rede. O resultado o tendes no resto das fotos. ¡Moitas grazas a todos!
Zoncho é unha palabra galega que designa ás castañas cocidas. Na nosa cultura a vida e a morte sempre foron da man festexando a memoria dos que xa non están a través de rituais que nos conectan co noso pasado. O día 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, a tradición en Galicia adquire un maiz especial coa celebración en honra aos defuntos. É aquí onde adquire protagonismo o colar de zonchos, a tradición cóntanos que cada unha dsas castañas comidas do colar representaba unha alma que fora liberada do purgatorio. É unha tradición moi arraigada que acompaña ao Samaín e ao Magosto e que nos lembra a profunda conexión que temos en Galicia co noso pasado. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que fixeron os nosxs pequenxs de primaria cos seus marabillosos colares de zonchos.
No blog do Club Deportivo Los Rosales ( http://clubdeportivoaroseira.blogspot.com.es/ , hai unha ligazón desde esta páxina) podedes atopar toda a información sobre o calendario, os resultados, crónicas dos partidos, etc., dos equipos de fútbol sala e baloncesto. Nese blog tamén tedes enlaces coas páxinas da Federación galega de Baloncesto ( http://www.fegaba.com/contido.php?id=11&presentacion ) e a de Fútbol sala, onde podedes consultar os calendarios dos próximos partidos (Calendarios mensuales, Fútbol Base, http://www.fgfs-coruna.com/index.php ). Na web www.siguetuliga.com podedes atopar os resultados, clasificación, calendarios, etc., de fútbol sala.