Chándal e mandilón

Chándal

Hai algúns anos, a ANPA Milnenos decidiu elixir un modelo de chándal para @s nen@s do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán. As cores deste chándal (azul e laranxa) fan alusión ás cores dos dous edificios do colexio: azul polo de infantil e laranxa polo de primaria.

O uso do chándal non é obrigatorio, pero representa unha gran comodidade á hora de vestilos diariamente e, o que é máis importante, facilita a identificación e localización d@s nen@s cando saen das instalacións escolares: excursións, visitas, etc. Moitas destas saídas fanse conxuntamente con outros colexios, polo que o feito de que leven prendas distintivas fai moito máis doado o labor do profesorado.

Podedes pasar polo local da ANPA para ver os modelos e tallas e compralos.  Os prezos son os seguintes:
  • Chándal completo: 20 € para socios, 25€ para non socios
  • Camiseta: 5€ para socios, 6€ para non socios.

Tamén estamos liquidando os chándals, camisetas, polos, etc., que quedan no local da ANPA. Os prezos son os seguintes:
  • Camisetas 2x5€
  • Chandal c/c 8€
  • Chandal cremall. 10€
  • Polos 5€

 

Mandilón

No curso 2019/20 non haberá modelo oficial de mandilón.












Seguir por correo electrónico