CAMPAMENTOS DE VERAN 2022
1.Campamento ENKI
Este año celebramos o Campamento de Verán máis divertido e inclusivo organizado por ENKI e a ANPA do CEIP Emilia Pardo Bazán na Coruña.
- Saídas e excursións semanais: excursión á praia, escalada…
- Un campamento inclusivo: para todos e todas. Un espazo para o lecer e o xogo, no que todas as persoas temos oportunidades de participar.
- Respetuosos có medioambiente: actividades relacionadas có coidado do planeta.
- Deportes, xogos, música e actividades variadas... para unhas vacacións inesquecibles
- Información das Actividades
Fechas
27 de Xuño ao 29 de xullo , en 5 quendas.
Sede
CEIP Emilia Pardo Bazán
Horarios
De 9h a 14:00h con opción de madrugadores dende as 8:00 e comedor ata as 16:00h
Prezos e descontos
Descontos do 10% para irmáns.
Se es alumno/a do CEIP Emilia Pardo Bazán tes un 15% de desconto.
Información importante
* As inscricións acolleranse por orde de chegada. Resérvanse un número de prazas para menores con diversidade funcional, sen limitacións de idade, cada solicitude valorarase de xeito individualizado.
* O servizo de mañanceiros e comedor ofertarase somentes se cubrimos un mínimo número de prazas.
* Se queres inscribir a un grupo de irmáns, debes facer unha inscrición por cada menor.
APERTURA DE INSCRICIONS: MÉRCORES 18 NA PÁXINA WEB DE ENKI
Para máis información escríbenos a 📧 campamento@enkiproyecto.
Un ano mais, a Federación Provincial de ANPAS vai poñer en marcha o seu programa CAMPACOLES, que baixo o formato de campamento urbán ofrece a posibilidade de manter unha cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores (con ou sen almorzo) e comedor.
A temática xirará en torno a natureza e os catro elementos: terra, auga, lume e aire. Este verán nos Campacoles tomarase conciencia do coidado, protección e conservación do planeta, así como dos seres vivos que forman parte dela.
A súa misión consistirá en axudar á Fada da Natureza para salvar o Planeta Terra.
Formarán brigadas de exploradores que descubrirán e coñecerán as características e a importancia e que teñen os 4 elementos da natureza na vida do home que a manteñen viva: A TERRA, O AIRE, A AUGA E O LUME.”
Este programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 27 de xuño ata o venres 29 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes. O último día de cada quenda todos os participantes farán unha saída no entorno da cidade ou mancomunidade, cunha ampliación do horario ata as 15:30h.
Quendas
Quenda 1: Do 27 de xuño ao 1 de xullo.
Quenda 2: Do 4 ao 8 de xullo.
Quenda 3: Do 11 ao 15 de xullo.
Quenda 4: do 18 ao 22 de xullo.
Quenda 5: do 26 ao 29 de xullo.
Servizos
Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.
Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h. salvo o día da saída que será ás 15.30h).
Centros sede
CEIP Alborada
CEIP Anxo da Garda
CEIP Curros Enríquez
CEIP Juan Fernández Latorre
CEIP María Barbeito
CEIP San Pedro de Visma
CEIP Wenceslao Fernández Flórez
Prazas
45 prazas por sede (tres grupos).
A ratio mínima para levar a cabo o campacoleserá de 15 escolares por sede, e de 10escolares para os servizos de madrugadores e comedor.
Destinarios
Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 21/22.
Adxudicación de prazas
A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, tendo preferencia dentro dese criterio xeral:
1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede no que solicitan a/s quenda/s.
2º. O segundo e demais días de inscrición, os usuarios de calquera das actividades extraescolares da FANPA no curso 21/22, con independencia do CEIP no que estean matriculados. A continuación o resto de solicitantes da actividade.
Cuotas
COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:CAMPACOLE: 20€.(*)
MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.
MADRUGADORES CON ALMORZO: 17€.
COMEDOR: 25€.
SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)
*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 21/22.
**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).
En breve poderemos informarvos das datas concretas de inscrición e demais datos pendentes de perfilar definitivamente.
Prazos
Prescrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web www.fedapascoruna.org )
Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.
Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022
Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web www.fedapascoruna.org )
Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.
Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022