Campamentos

Campamento de nadal 2019/20

CAMPAMENTO CANCELADO POR FALTA DE INSCRITOS

Este ano o ANPA Milnenos organiza integramente as dúas semanas de campamento con servizo de madrugadores e comedor.

A inscrición é exclusivamente online só para socios do curso 2019/20.

En breve poremos os documentos informativos da planificación.

Desagregación de semanas:
  • Semana 1: 23, 26 e 27 de decembro (3 días)
  • Semana 2: 30 de decembro, 2 e 3 de xaneiro (3 días)

Horarios:
  • Madrugadores: 07:45-10:00 (entregas 07:45-09:00)
  • Campamento: 10:00-14:00 (entregas 10:00-10:10, recollidas 13:50-14:00
  • Comedor: 14:00-15:30 (recollidas 15:15-15:30)

Prezos por semana (socios):
  • Madrugadores con almorzo: 7 €
  • Campamento: 15 €
  • Comedor: 15 €

Inscrición:
  • Prazos de inscrición: ata o 15 de decembro
  • As inscricións en campamento débense realizar a través da Aplicación do ANPA, tendo en conta que PARA CADA SEMANA temos 3 actividades: CAMPA NADAL, MADRUGADORES CAMPA NADAL e COMEDOR CAMPA NADAL. Ao contrario que outros anos, a inscrición de cada servizo debe realizarse en todas as semanas nas que se desexe asistir para cada un dos tres servizos.
  • Instrucións e axuda para a inscrición
  • NOTA: usade o filtro CAMPA para que vos saian directamente todas as actividades relacionadas cos campamentos de verán

Notas sobre o campamento:
  • Non haberá posibilidade de inscribirse días soltos
  • Este ano o servizo de madrugadores é unicamente con almorzo, sen contemplar a posibilidade de rebaixa de prezo sen almorzo
  • Para optar ao servizo debedes estar ao día no pago dos recibos pendentes emitidos polo ANPA na data da inscrición
  • Poderemos anular algunha quenda ou servizo se non se cobren as prazas mínimas

 

Campamento de verán 2019

Este ano o ANPA  Milnenos organiza integramente 7 semanas de campamento con servizo de madrugadores e comedor.

A inscrición é exclusivamente  online só para socios do curso 2018/19.

Presentación do campamento
Planificación das actividades por días semanas 1-6
Planificación das actividades por días semana 7
Circular informativa sobre material que levar ao campamento
Menú de comedor (a semana 7 correspóndese coas semanas 3 e 4)

Información para inscritos en campamento

Desagregación de semanas:
  • Semana 1: 25/06 - 28/06
  • Semana 2: 01/07 - 05/07
  • Semana 3: 08/07 - 12/07
  • Semana 4: 15/07 - 19/07
  • Semana 5: 22/07 - 26/07
  • Semana 6: 29/07 - 02/08
  • Semana 7: 02/09 - 09/09
Horarios:
  • Madrugadores: 07:45-10:00 (entregas 07:45-09:00)
  • Campamento: 10:00-14:00 (entregas 10:00-10:10, recollidas 13:50-14:00
  • Comedor: 14:00-15:30 (recollidas 15:15-15:30)
Prezos por semana (socios):
  • Madrugadores con almorzo: 12 €
  • Campamento: 20 €
  • Comedor: 23 €
Inscrición:
  • Prazos de inscrición: ata a semana anterior ao comezo de cada campamento
  • As inscricións en campamento débense realizar a través da Aplicación do ANPA , tendo en conta que PARA CADA SEMANA temos 3 actividades: CAMPA VERÁN  Semán 1 a 7, MADRUGADORES CAMPA VERÁN  Semán 1 a 7 e COMEDOR CAMPA VERÁN  Semán 1 a 7. Ao contrario que outros anos, a inscrición de cada servizo debe realizarse en todas as semanas nas que se desexe asistir para cada un dos tres servizos.
  • Instrucións e axuda para a inscrición
  • NOTA: usade o filtro CAMPA para que vos saian directamente todas as actividades relacionadas cos campamentos de verán
Notas sobre o campamento:
  • Non haberá posibilidade de inscribirse  días soltos
  • Este ano o servizo de madrugadores é unicamente con almorzo, sen contemplar a posibilidade de rebaixa de prezo sen almorzo
  • Para optar ao servizo debedes estar ao día no pago dos recibos pendentes emitidos polo ANPA na data da inscrición
  • Opcionalmente aceptaranse non socios a condición de que queden prazas libres non cubertas por socios, con todo, o prezo será maior. Enviade un correo a milnenos@gmail.com e informarémosvos das posibilidades.



Seguir por correo electrónico